O Colectivo ‘Os Ninguéns’, Pah de Vigo Tui, Rsp de Vigo e o colectivo de persoas sen fogar “La Nave” veñen de entregar ao Concello un escrito, que tamén enviou ao Goberno galego-que tramita actualmente o desenvolvemento da Lei 10/2013 de Inclusión Social de Galicia que vai regular a medio prazo a prestación da RISGA e outras axudas de inclusión social- para que o Pleno da Corporación aprobé pedir á Xunta que se incremente a cuantía da Renda de Inserción Social de Galcia (RISGA).
Na súa exposición de motivos, os asinantes salientan que a Carta Social Europea, a Rede Galega e Europea contra a Pobreza, entre outros organismos e colectivos, defenden que as prestacións sociais deben achegarse ao indicador AROPE que mide o mínimo de ingresos por persoa.
A Unión Europea é quen desenvolveu este indicador que establece en 684€ mensuais por persoa e 1.680€ ao mes para un fogar de dous adultos e dous menores para medir o risco de pobreza ou exclusión social.
“Pensamos que o salario mínimo interprofesional, establecido para 2017 en 735,90€, debe marcar o horizonte individual a conseguir para reducir a pobreza”, sinalan estes colectivos dende os que se engade que según o Informe “O estado da pobreza en Galicia”, elaborado en 2017 pola Rede Galega de Loita contra a Pobreza (EAPN-Galicia), a partir de datos do Instituto Nacional de Estadística (INE), do Instituto Galego de Estadística (IGE) e do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, había en Galicia, a finais de 2016, 690.505 persoas en risco de pobreza ou exclusión social, que representa o 25,4% da poboación, delas 61.400 viven en Vigo, “o que representa o 21% da poboación”.
A actual prestación económica da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA) “non cumple os criterios da lexislación en vigor aprobada pola Xunta, pois sigue mantendo aos beneficiarios no umbral da pobreza, da exclusión social e non cubre as necesidades básicas provocando estados de pobreza crónicos heredados por fillas e fillos”.