Galicia

Máis da metade dos fogares de Galicia chegan a finais de mes con “dificultade ou moita dificultade”

Máis da metade dos fogares de Galicia chegan con “dificultade ou moita dificultade” a fin de mes, segundo os datos correspondentes ao primeiro trimestre deste ano recollidos na ‘Enquisa conxuntural a fogares’.

No 41,86% dos casos as familias asegura que rematan o mes con “dificultade” e o 10,87% restante con “moita dificultade” fronte a un 47,28% que chega con “facilidade ou moita facilidade”.

A mesma enquisa, difundida polo Instituto Galego de Estatística, sinala que o 22,71% dos fogares galegos non se permitiu ningún “extra” nos últimos tres meses- entendendo coma tal o destinado a vacacións ou viaxes, imprevistos, extras de alimentación, roupa ou calzado, saír a cear ou ir ao cine-.

También te puede interesar