Comarcas

O Goberno de Galicia adianta o investimento de 1 millón de euros para a eliminación de treitos de concentración de accidentes en Moaña

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda anunciou este martes que o Goberno de Galicia investirá preto de 1 millón de euros na eliminación dos treitos de concentración de accidentes e na construción dunha senda peonil e ciclista en Domaio, no concello e Moaña.

Ethel Vázquez adiantou, ademáis que hoxe mesmo saíron a información pública os dous primeiros proxectos no concello de Moaña, ao seu paso por Domaio, estando prevista a súa licitación para este outono

A conselleira referiu as actuacións que a Xunta prevé desenvolver na estrada autonómica que comunica Marín con Rande, a PO-551 para a eliminación dos treitos identificados como de concentración de accidentes nesta vía ao seu paso polos municipios de Bueu, Cangas e Moaña, na comarca do Morrazo. Unha estrada, subliñou, que rexistra unha alta intensidade de tráfico e que supera os 11.000 vehículos ao día nalgúns treitos.

Ethel Vázquez destacou que en cada un dos puntos da estrada PO-551 se acometerán actuacións adaptadas a resolver a problemática detectada ao longo destes treitos de concentración de accidentes. Referiu actuacións como, execución de glorietas, mellora de interseccións e accesos, rectificacións de ramais, reordenación de xiros, construción de carrís centrais de espera ou de mellora da visibilidade.

También te puede interesar