A concellería de Seguridade Cidadá de Ponteareas, que dirixe Vanesa Fernández, acometeu no último mes obras de mellora nas dependencias policiais para ofrecer un mellor servizo á cidadanía.
“Co obxectivo de dar unha atención máis próxima” a concellería realizou obras de remodelación na zona de atención ao público derrubando un tabique e colocando unha mampara de cristal.
Tamén se reformou a porta principal “de xeito que permita o acceso universal e facilite a entrada de persoas con mobilidade reducida” e habilitouse unha zona para que os e as usuarias poidan cumprimentar documentos con comidade.