Cultura Galicia

O audiovisual galego, en Cannes dende este luns

Seis empresas galegas participan desde este luns no mercado MIPTV de Cannes como parte da misión comercial que impulsa a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) na meirande feira mundial para a comercialización de todo tipo de formatos, programas e contidos dixitais para televisión. A organización desta delegación insírese nas accións de promoción exterior do audiovisual galego baixo a marca Films from Galicia, así como a través da convocatoria de subvencións para a difusión do noso audiovisual en festivais de prestixio.

TV from Galicia

Baixo esta mesma marca, dedicada á promoción internacional do audiovisual de produción galega, a Agadic está a distribuír a nova edición do seu catálogo de produtos cinematográficos e televisivos, que no apartado TV from Galicia recolle proxectos de series como Hierro (Portocabo) e As crisálidas (Matriuska Producciones) e formatos de entretemento como Historias mínimas (Tamboura Films) e O sal da terra, A vida é doce e Casamos! (Zenit Televisión).

O catálogo tamén ofrece información sobre series xa rematadas, na procura de vendas internacionais como a coprodución galego-catalá Os fillos do sol, Juana de Vega, vizcondesa do arado, Camiños de irmandade, Rosalía de Castro, Vidago Palace e Viradeira.

You may also like