A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior do Goberno de Galicia vén de activar a alerta laranxa por temporal este martes en todo o litoral.
Vicepresidencia advirte de que a partir do mediodía agárdase mar combinada do oeste con ondas de 5 a 6 metros, que poden alcanzar os 7 metros en Fisterra. O Goberno lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, de diques e rompentes, así como paseos marítimos. Tamén recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar.