A día 15 de abril, o Concello repatira un total de 123.840 tarxetas PassVigo, das que case 83.000 son de tipo cidadá, máis de 25.000 son pensionistas -aos que o Concello abona o prezo íntegro do billete-, máis de 9.100 son de estudiante, case 5.700 son universitarias e outras 900, de tipo social. Deste total, 78.268 están xa en uso.
Aqueles que queiran traspasar o saldo da antiga tarxeta verde á nova PassVigo poden facelo nos mesmos caixeros de Abanca nos que se carga. Ata este domingo, rexistráronse 20.800 operacións de trapaso de saldo por importe de 117.000€ en total. Por outra banda, as persoas que desexen recuperar o seu efectivo no momento deberán dirixirse á sede de Vitrasa, na estrada de Camposancos.