Cultura Vigo al minuto

Javier Couso, este venres na Casa do Libro en Vigo para falar de Siria nun acto organizado por Esquerda Unida

Esquerda Unida e o PCG organizan este venres 27 de abril, o acto “Siria en perspectiva”, que terá lugar ás 7 e media da tarde na Casa do Libro.

Nesta conferencia, que acolle a presentación do libro do mesmo título, escrito por Pablo Sapag, profesor da Universidade Complutense de Madrid, tamén abordarase a situación de conflito que se está a vivir no país dende unha perspectiva tanto académica como política.

https://twitter.com/iunida/status/989493174493163520

O acto será conducido por Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda  Unida e vicepresidenta do Parlamento de Galicia e, para falar sobre a actualidade da situación de Siria dentro do contexto de Oriente Medio, asistirá tamén co eurodeputado de IU e vicepresidente da Comisión de Asuntos Exteriores do Parlamento Europeo, Javier Couso.

https://www.youtube.com/watch?v=iD14Aq3LYtA&feature=youtu.be

Te podría interesar