Imágen:vigoalminuto/O 19 de xuño é a data elixida pola CIG para a convocatoria dunha folga xeral en Galicia á vista da empobrecemento e a precariedade no que están vivindo xa os traballadores polas decisións do PP que, subliñan dende o sindicato, “están a facer crónicas as desigualdades e a pobreza no noso país”.
#1Maio @galizaCIG de Manifestación en Vigo pic.twitter.com/RKt3S9l6g6
— Vigoalminuto (@Vigoalminuto) May 1, 2018
O secretario xeral da central, Paulo Carril, pediu antes do inicio da manifestación central da CIG de este 1º de Maio, que saíu do Gregorio Espino con Urzaíz, á que asistiu a líder do BNG Ana Pontón, que UXT e Comisións Obreiras saiban estar á altura do que demandan os traballadores e se sumen a este paro xeral.
O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, anuncia a #folgaxeral para o #19dexuño desde a manifestación do #1deMaio de #Vigo, apelando á unidade sindical. #SobranRazóns pic.twitter.com/hfq76BjcUS
— CIG (@galizaCIG) May 1, 2018