Comarcas

O Concello de Redondela impulsa dúas campañas para sensibilizar sobre a importancia da reciclaxe do aceite doméstico

O Concello de Redondela, por medio da Concellería de Medio ambiente, que dirixe Miguel Ángel Álvarez, participa en dúas campañas co obxectivo de sensibilizar ás veciñas e veciños da importancia da reciclaxe do aceite doméstico.
 
Dende este mércores, 2 de maio, e ata o día 31, nos colexios e institutos da vila, estará vixente » Por unha auga mais limpa»: se entregará un contedor a cada centro para que depositen as botellas co aceite doméstico reciclado
Os centros que participen nesta campaña de reciclado de aceite doméstico recibirán un diploma acreditativo como colaboradores na mellora e coidado do medio ambiente e da auga.
 
O centro que mais aceite logre reunir será o que decida a que entidade ou causa social local se outorgaran os 2000 € de premio en caso de conseguir os obxectivos da campaña «Recicla, respira e supérate»
 
Os interesados en participar comunicaran o Departamento de medio a quen destinarán o premio a través do enderezo electrónico [email protected] antes de que remate campaña
 
A segunda das campañas é «Recicla, respira e supérate», destinada á cidadanía en xeral e, salienta o concelleiro de Medio Ambiente, “conseguir o obxectivo da mesma vai a dar a opción de recibir o premio dos 2.000 € para unha entidade ou causa social local y o gañador da campaña de aceite reciclado decidirá a que se fai entrega de dito premio”.
 
Este reto conséguese si durante os meses de maio, xuño e xullo “incrementamos nun mínimo dun 10 % a cantidade de envases lixeiros (latas, briks e envases de plástico) no contedor amarelo respecto os mesmos meses do ano 2017”.
Durante a campaña a Consellería de Medio Ambiente e Ecoembes farán diversos actos e actividades promocionais nos que colabora o Concello de Redondela.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.