O Concello de Redondela pon en marcha o ‘Programa Municipal de Conciliación’, que este 2018 oferta 285 prazas para nenas e nenos de 4 a 14 anos repartidas en 13 lugares da vila.
O programa, que é de balde para as familias e que conta cun orzamento de 44.000€ e unha achega da Secretaría Xeral de Igualdade, está impulsado dende o Centro de Información ás Mulleres (CIM), colaboración de de distintas asociacións e entidades culturais de Redondela.
Un dos puntos máis importantes do traballo a desenrolar, mantense a oferta para cativas e cativos de Chapela e Redondela con necesidades especiais.
As follas de inscrición poden descargarse dende a web do Concello e o prazo de presentación remata o vindeiro 18 de maio. A lista de admitidos publicarase, como moi tarde, o 16 de xuño.
As prazas dispoñíbeis en cada parroquia son as seguintes:
Cabeiro.- Centro cultural – 15 prazas
Cedeira.- Centro cultural – 30 prazas
Cesantes.- Centro cultural – 15 prazas
Chapela.- Asociación cultural de Cidadelle – 15 prazas
Chapela Multiúsos .- 15 prazas
Negros.- Asociación de veciños – 30 prazas
O Viso.-Antiga Escola de Tuimil – 15 prazas
Reboreda.- Sociedade labrego cultural – 15 prazas
Redondela.- Multiúsos – 30 prazas
Redondela.- Pousadouro – 45 prazas
Saxamonde.- Centro cultural Chan das Pipas – 30 prazas
Ventosela.- Asociación cultural Miñoteira – 15 prazas
Vilar de Infesta.-Centro cultural – 15 prazas.