Deportes

300 atletas disputan este domingo en Praia América o II Triatlon Desafío Illas Estelas Nigrán

Preto de 300 deportistas disputarán este domingo 6 de maio en Praia América-Panxón o ‘II Triatlon Desafío Illas Estelas Nigrán’ organizado dende o Concello de Nigrán coa colaboración da Federación Galega de Triatlon.

Nesta xornada reuniranse os mellores triatletas galegos dende a base ata os máis destacados especialistas nacionais. Trátase dunha proba puntuable para o Circuíto Galego de Tríatlon e clasificatoria para o Campionato Galego 2018. Haberá catro probas, a proba popular e a proba masculina sen tempo de corte e as probas masculina e feminina clasificatorias para o Campionato Galego.

A proba popular  vai dirixida a xente que se está iniciando nesta modalidade, así coma a  menores dende os 13 anos de idade, xa que as distancias son máis asequibles que as habituais comenzando con un percorrido de natación de 300m, para continuar con 13 km de ciclismo e finalizar con 2,5km de carreira a pé.

A proba masculina sen tempo de corte está dirixida a xente cunha experiencia mínima neste deporte e federados,  disputarase sobre un percorrido natación de 750 metros, seguidamente os triatletas recollerán as súas bicicletas na transcición  e farán un percorrido de 20 quilómetros de carreira en bicicleta para rematar a proba con  5 quilómetros de carreira a pé.

As probas masculina e feminina clasificatorias para o Campionato Galego están dirixidas aos millores triatletas do panorama Galego e nacional, serán tamén sobre unha distancia de 750m de natación, 20 Km de ciclismo e 5 Km de carreira a pé e nestas probas se decidirán os campións do II Tríatlon Desafío Illas Estelas de Nigrán e ademáis repartiranse, a mulleres e homes por igual,  os 1.000€ que a proba ofrece en premios económicos.

Rutómetro:

Domingo 6 de maio de 2018 ás 10:00 h.

Saída proba minisprint ás 11:00 h

Saída proba masculina sen tempo de corte ás 11:00h

Saída proba  masculina con tempo de corte ás 12:20h

Saída proba feminina ás 12:30h

Hora de remate das probas: 14:10 horas aproximadamente.

También te puede interesar