Comarcas

@depo_es aproba unha achega de preto de 250.000€ para a contratación de 27 persoas no Porriño

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha nova achega ao Concello do Porriño, neste caso no marco da Liña 3 de Emprego do Plan Concellos, por un importe de 248.115,20 euros para que poida contratar a 27 persoas a fin de garantir servizos básicos municipais.

Ao través desta subvención, o goberno local do Porriño poderá financiar a contratación de persoal para enfermería, arquivo, administración, albanelería, obras públicas, carpintería, fontanería, electricista, condución de escavadora e tractor, limpeza, pintura ou para o servizo de recursos humanos.

Con esta nova achega a Deputación de Pontevedra xa leva aprobados 8.868.755,72 euros para financiar a contratación municipal na provincia. E dicir, o 92,96 % da liña 3, que ata agora beneficiou a  57 concellos que están a contratar a 1.043 persoas para os seus servizos municipais. Este ano a liña 3 do Plan Concellos da institución provincial está dotada de 9.540.000 euros, un 2,5 % máis que no 2017.

Te podría interesar