Galicia Sucesos

Unha persoa morta e 78 feridas en accidentes de tráfico nas estradas galegas a pasada fin de semana

O 061 asistiu durante a fin de semana a 79 persoas debido a 53 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do pasado venres, día 4, ás 12 menos un minuto da noite deste domingo, 6 de maio.

A Central de Coordinación do 061recibiu nestes días 65 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 53 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 79 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 66. Así, a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado acudiu en catro sinistros, o helicóptero medicalizado  asistiu en dúas ocasións, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 49 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en sete ocasións.

En 68 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 10 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa resultou falecida no punto

Te podría interesar