Comarcas

@AsNevesConcello acomete a recuperación da Escola de Cerdeira que “levaba no esquecemento 20 anos”

Nos últimos días o Concello das Neves está levando a cabo obras na Escola de Cerdeira, un dos edificios municipais das parroquias que levaba no esquecemento 20 anos, ata a chegada do  actual goberno.

Nunha primeira fase de hai xa uns meses actuouse no tellado para evitar filtracións e o posible derrube nalgúnhas partes. Agora estase a traballar no interior recuperando os baños e a sala principal para que a veciñanza da parroquia teña un lugar digno no que reunirse.

O alcalde das Neves, Xose Manuel Rodríguez Méndez, amáis de recoñecer o abandono ao que estivo sometida Cerdeira por gobernos anteriores, expresa que “estas son obras afectan a unha comunidade de persoas que viven en lugares que queremos preservar”.

Rodríguez Méndez subliña que “hai políticas doutros encamiñadas a despoboar o rural, pero nos, na medida do posible loitamos polo contrario, o mantemento e o asentamento no rural. Isto, o pulo polo rural, vai necesariamente da man de melloras en infraestruturas e mobilidade pero tamén en políticas sociais como é ofrecer a veciñanza de Cerdeira un lugar no que poder xuntarse para falar, tomar decisións comúns e incluso festexar”.

También te puede interesar