Pasadas as 12 da noite deste venres, quedou apagado o incendio que empezara o xoves na parroquia de Laias, no concello de Cenlle e que queimou máis de 20 hectáreas.
A Consellería de Medio Rural sinalou que o lume estaba “estabilizado” a media tarde de onte, pero non controlado, logo de que as lapas empezasen a arder sobre a 1 e media da tarde.
Nos traballos de extinción traballaban seis motobombas, 12 brigadas, sete axentes, un técnico unha pa, e durante boa parte do día, 7 helicópteros.