Vigo ten unha “xestión económica exemplar”, segundo o informe da Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (Airef), entidade que analiza a situación financieira dos concellos do Estado.
Airef, logo de etudar a situación económica do Concello, sinala no seu informe que “cumpre todos os criterios de solvencia financeira en 2017 e 2018”, o mesmo estudo, segundo sinalou o alcalde, afirma que á marxe de ter a presión fiscal máis baixa de Galicia, “Vigo cumpriu co obxectivo de estabilidade, coa regra de gasto, ademais de non ter endebedamento, situación que se vai manter en 2018”.