Cultura

@QueremosGalego xunta a milles de persoas en Compostela baixo o lema ‘En galego día a día’

As rúas de Compostela ficaron pequenas para acoller os milleiros de persoas que se desprazadas de todos os recunchos do país para apoiar a manifestación convocada por ‘Queremos Galego’ no 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Baixo o lema deste ano, “En galego día a día” a plataforma cidadá que aglutina máis de 500 colectivos e asociacións quixo poñer en evidencia os problemas e trabas  ás que se teñen que enfrontar as persoas galegofalantes no seu día a día.

O acto conducido pola comunicadora e presidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galiza Nieves Rodríguez, contou coa participación de Marga Romero, Concha de la Fuente, Anxos Sobriño, Cesáreo Sánchez e Adela Figueroa que leron o manifesto deste ano no que se revindicou a necesidade de incrementar a presenza da lingua galega na administración para que se respecten os dereitos lingüísticos, na xustiza -onde só o 5% das sentenzas son en galego- ou nos medios audiovisiuais e de comunicación para non reducir a programación  na lingua propia nomeadamente na Radio Galega.

O sobreesforzo de manter a lingua viva

Na súa intervención o portavoz de Queremos Galego Marcos Maceira, ante unha ateigada praza da Quintana recoñeceu o “sobreesforzo que realiza o profesorado para elaborar materiais en galego, o sobreesforzo de pais e nais que procuran solucións ante a marxinal oferta de galego nos debuxos ou nos xoguetes, o sobreesforzo das editoriais que manteñen o noso idioma a pesar das cativas axudas da Xunta, grazas ao compromiso de manterdes o galego vivo!”. “Un sobreesforzo maior nas zonas do Eo-Navia, o Bierzo, Sanabria e o val do Ellas, onde o galego non ten recoñecida a oficialidade”, engadiu Maceira.

Queremos Galego denunciou o nulo compromiso e o desleixo da Xunta de Galicia ante todo o que son as cuestión relacionadas coa lingua galega pois, mentres outros territorios lexislan e amparan o uso das súas linguas, en Galicia é o propio goberno quen renega das súas competencias. Maceira acusou o presidente Feijóo de renunciar ás súas obrigas estatuarias “para se converter nun simple subdelegado do goberno en provincias”.

Para exemplificar Maceira argumentou que a Xunta presenta plans fantasma para dinamizar o galego entre a mocidade mentres en Galica, “de facto ao galego impónselle un 155 lingüístico pois non se entende que o Tribunal Supremo di que o catalán debe ter unha presenza mínima no ensino dun 75%, o galego está baixando do 33% grazas ao decretazo contra o galego e á LOMCE”.

Te podría interesar