Galicia

A concelleira de Sanidade de Salceda reitera que a auga da rede municipal de abastecemento foi sempre apta para o consumo

A tenente de alcalde e concelleira de Sanidade, Loli Castiñeira, respostará por escrito a dúas preguntas formuladas polo PSdeG-PSOE no último Pleno do Concello de Salceda relacionadas con supostos problemas na calidade da auga e que, inala a concelleira, “foron difundidos irresponsablemente nas redes sociais tanto polo Partido Socialista como polo PP de Salceda”.

Na súa resposta, a responsable de Sanidade do Concello subliña que non houbo ningún problema que comunicar a veciñanza sobre a calidade da auga, aínda que sí poideron darse momentos puntuais de turbidez relacionados coa situación do embalse de Eiras pola seca vivida, “que a esta concellaría non lle constan”.

“Un informe solicitado ao Consorcio de Augas do Louro, encargado da xestión da auga que chega ás nosas billas, indica que non houbo problemas, que a auga estivo axeitadamente clorada e que en todo momento a Consellería de Sanidade estivo revisando os parámetros sen que fose preciso alertar de que a auga non podía consumirse”.  Así pois “esta concelleira ten que decir que non había nada que comunicar aos veciños e veciñas e que a auga, en todo momento controlada polo Consorcio de Augas do Louro con comunicación permanente á Consellería de Sanidade da Xunta, nunca deixou de ser apta para o consumo durante a crise da seca do embalse de Eiras e mesmo durante unha acción de sabotaxe sufrida nun dos depósitos de redistribución, que foi denunciado ante a Garda Civil polo propio Consorcio”.

Noutra pregunta, o PSdeG-PSOE tamén se refire a supostas ronchas que lle apareceron a nenos e nenas e polos que, segundo as socialistas de Salceda, tiveron que ser atendidos en servizos médicos. “Esta concelleira”, di textualmente Castiñeira “consultou ao Servizo de Pediatría de Salceda sobre a posibilidade de existencia destes casos e indicóuseme que é totalmente falso pois nin un só neno ou nena foi atendido con estas doenzas en Salceda, e moito menos con problemas derivados do consumo da auga”.

También te puede interesar