Comarcas

@ponteareas_gal presenta o Programa do Corpus 2018

O Goberno de Pontearas vén de presentar o programa das festas de Corpus que arranca este xoves día 24 coa presentación da revista Pregón no salón de plenos ás 8 e media da tarde.

Música, animación de rúa e animación infantil, concertos e exposicións son algúns dos elementos que nutren este programa no que a actriz e presentadora Nieves Rodríguez  métese no papel de pregoeira do Corpus Christi 2018, seguida da actuación da Orquestra de Cámara Galega.

A exposición das trinta Meninas, realizadas polos centros educativos baixo o título de “Meninas en Flor”, abre as súas portas ás 11 e media da noite no Mercado Municipal o sábado día 2.

O domingo, 3 a Banda de música Reveriano Soutullo actuará ás 10 e media da mañá diante da Casa do Concello e a santa misa seguida da procesión será ás 11:30.

As carrozas desfilarán baixo unha batalla floral acompañada da Banda de Gaitas Tremiñado e da novidosa animación da empresa Pablo Méndez que fará unha alegoría á arte floral.

A Praza Maior acollerá a actuación da orquestra América a partir das 10 da noite e ás 11 será o turno do grupo MITIC, cos irmáns Álvaro e Suso Costas, que presentan un novo xeito de entender a gaita galega.

Como cada luns ás 8 da tarde chegará o momento de homenaxear aos alfombristas depositando un ramo de flores xunto ao monumento que os recorda. Ás 8 e media, o auditorio acollerá o acto de entrega de medallas do Corpus Christi cunha homenaxe  especial para a Comisión do Corpus de 1948 formada por Gabino Porto, Casasnovas ou Salgueiro.  A partir das 10 da noite a ‘Orquestra París de Noia’ será a encargada de pechar as festas na Praza Maior.

Animación infantil e de rúa completa a programación con actividades para todos os públicos e para toda a familia.

O Corpus 2018 virá cargado de novidades non só culturais e de lecer se non tamén técnicas porque atendendo ás peticións dos alfombristas, o Goberno local incrementará os puntos de luz e mellorará a iluminación para facilitar o traballo nocturno de todos e todas as alfombristas.

108 focos halógenos de 250W máis 50 focos led equivalentes a 250W halogenuros que proporcionan un gran aforro enerxético posibilitarán que as mans que trasladan a arte floral ao pavimento das rúas e prazas traballen con precisión e detalle.

Sesenta e dous arcos e motivos festivos luminosos adornarán as rúas de Ponteareas para recibir aos visitantes chegados de todos os puntos de Galicia, Portugal e do resto de España que se desprazarán en vehículos particulares e autobuses.

También te puede interesar