Sucesos

@ppdegalicia respalda de xeito “claro e sen dúbidas” a Rajoy e lémbralle ao PSOE os ERE de Andalucía

O secretario xeral do Partido Popular de Galicia declarou este venres que sentía “vergoña” logo da sentenza da ‘Trama Gürtel’, asegurou que o seu partido ten que pedir desculpas aos cidadáns e amosou o respaldo dos populares galegos, “claro e sen dúbidas” ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy.

Miguel Tellado dixo que “ninguén pode dubidar da súa honradez e honorabilidade” e dixo que non aceptaba  “leccións” do PSOE  afirmando que é “sorprendente” que Pedro Sánchez sexa o que presente unha moción de censura, cando ten a Manuel Chaves e José Antonio Griñán sentados no banco dos acusados polos ERE de Andalucía”.

También te puede interesar