Galicia

@Xunta abre as convocatorias para obradoiros laborais destinados a 2.350 personas desempregadas en Galicia

O Goberno de Galicia vén de activar as convocatorias de axudas dos obradoiros duais de emprego e dos específicos para menores de 30 anos, dous programas, que se porán en marcha no mes de setembro, cos que a Consellería de Economía, Emprego e Industria quere incrementar as oportunidades laborais de máis de 2.350 persoas desempregadas en Galicia. 

Poden optar a estas axudas, ao igual que outros anos, as administracións locais, asociacións de entidades locais e mancomunidades e, no caso dos duais, tamén, como novidade este ano, as entidades sen ánimo de lucro do ámbito forestal constituídas e rexistradas como asociacións. Terán ata o 25 de xuño para presentar as súas solicitudes.

También te puede interesar