Segundo informa o Servizo Galego de Saúde (SERGAS), trátase dun novo programa asistencial, que ven de ser incorporado á carteira de servizos da Atención Primaria co obxecto de “ofertar esta prestación nos centros de saúde que son cabeceiras comarcais, e evitar así os desprazamentos innecesarios aos hospitais”.
A pilotaxe deste programa realizouse no centro de saúde de Tui, e desde o día de onte, 1 de xuño, tamén implementouse nos centros de A Garda, Ponteareas, A Cañiza, Cangas, Moaña, Porriño, Val Miñor e Redondela. Trátase dunha primeira fase, xa que ao longo do ano irase estendendo ao resto de centros de atención primaria da área sanitaria.
En cada centro de saúde o programa lévase a cabo un día determinado da semana, aínda que está deseñado coa posibilidade de adaptarse ás necesidades, polo que se nalgún centro fose necesario incrementar os días de realización da proba, poderán establecer máis días para atender á demanda.