As oficinas de emprego de Galicia remataron maio con 5.595 personas menos anotadas nas mesmas, segundo os datos difundidos este luns polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
A finais do mes pasado había 176.696 galegas e galegos inscritos nas listas do paro, 22.942 menos que na mesma data de 2017. Iso sí: o paro nótase máis entre as mulleres, en Galicia hai 101.617 que están na procura de traballo fronte a 75.079 homes.
Por provincias, na de Pontevedra é na que máis baixou o desemprego: 2.808 persoas menos nas litas de desemprego, dacordo cos devanditos datos.