O presidente do Goberno de Galicia visitou este luns as obras da Cidade da Xustiza de Vigo, que estará no antigo Hospital Xeral, e que será unha realidade a comezos do ano 2020, indicou.
O presidente Feijóo salientou que a primeira fase das obras, xa rematada, supuxo a retirada de 14.000 metros cadrados da fachada do ‘Piruli’, 1.300 de cascallos, ou 15.000 de áridos, permitindo aforrar ao redor de 800.000€, ás que hai que engadir 1.200 metros cadrados de amianto, o cal, sinalou o presidente, “é un compromiso coa seguridade das persoas”.
Alberto Núñez asegurou que o da Cidade da Xustiza é o meirande investimento que se teña feito en Galicia nunha infraestrutura xudicial: 30 millóns de euros, e lembrou que neste edificio se concentrarán todas as dotacións xudiciais da cidade e terá capacidade para albergar ata 55 órganos xudiciais ademais das seccións da Audiencia Provincial e a Fiscalía.
Así mesmo, o mesmo acollerá á Policía Xudicial,á Policía Autonómica e o Imelga, contará cunha praza para uso público e cunha gardería para os fillos dos empregados.