O alcalde informou este luns de que o Xulgado Contencioso-Administrativo deu a razón ao Concello de Vigo e desestimou a denuncia do Concello de Redondela na que reprendía por “levar con lentitude a asignación de tarxetas PassVigo para a xente de fora da cidade”.
Segundo indicou Abel Caballero, o xuiz asegura que “non hai motivo fundado” para esta reclamación e entende que “o Concello de Vigo está a facer os trámites para dar as tarxetas de pago aos veciños e que o está facendo na forma oportuna”.