A familia Franco e a Fundación Francisco Franco denunciaron aos militantes do BNG que entraron no Pazo de Mairás en agosto do ano pasado, polos delitos de odio, contra a honra, danos e violación de morada, segundo difundiu este xoves o dirixente nacionalista Néstor Rego.
Rego lembrou que 19 militantes do BNG fixeron unha “acción pacífica”, coincidindo cun día de visita, despregando dúas pancartas no Pazo de Meirás, para pedir que o inmoble volte a formar parte do patrimonio galego.
Todos os participantes abandonaron o pazo ante a Garda Civil e de forma pacífica, sinalou o dirixente do Bloque quen engadiu que este feito simbólico “reactivou o debate “reactivou o debate social e político sobre o pazo e a súa devolución ao pobo galego”.