Galicia Sucesos

75 persoas feridas en accidentes de tráfico nunha fin de semana sen mortos nas estradas de Galicia

O 061 asistiu durante a fin de semana a 75 persoas debido a 54 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do venres, día 8, asta as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 10 de xuño.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 65 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 54 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 75 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 86. Así, a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado acudiu en 10 sinistros, o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 66 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en oito accidentes. As ambulancias convencionais asistiron nunha ocasión.

En 63 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en oito 12 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

Te podría interesar