Galicia

@depo_es esgota en apenas 2 horas as entradas para as visitas ao Castelo de Sobroso

A Deputación de Pontevedra esgotou en pouco máis de dúas horas as prazas dispoñibles para as catro visitas teatralizadas ao Castelo de Sobroso, que se van desenvolver este sábado 16 e o domingo 17, así como o venres 29 e o sábado 30 de xuño. O proceso de inscricións abriuse ás 11 da mañá deste martes na páxina web de Turismo Rías Baixas e en dúas horas cubríronse todas as prazas.

Ademais, dende primeira hora da mañá de hoxe, os dous teléfonos dispoñibles 886 211 700 e 618 320 033, estiveron atendendo múltiples chamadas de persoas interesadas para consultar dúbidas e obter información adicional.

También te puede interesar