“Non tomei a decisión. Cando a tome, anunciareina, lóxicamante”. Esta foi a resposta que deu o presidente do Goberno de Galicia á pregunta que lle fixeron este venres os xornalistas en relación sobre a súa candidatura á sucesión de Mariano Rajoy a fronte deo Partido Popular.
Alberto Núñez Feijoo sinalou que estudará o seu futuro durante a fin de semana, últimos días que ten para facelo posto que o luns, día 18, abre o prazo para presentar as candidaturas que remata o mércores.
Feijóo non quixo contestar cando se lle preguntou sobre os apoios que ten dentro do PP e falou doutro partido 😮 de hoxe da Selección contra Portugal, “o importante é que España faga un bo Mundial, despois seguiremos falando doutras cousas”, dixo.