Imaxe:E.G./O 061 asistiu durante a fin de semana a 65 persoas debido a 48 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, día 15, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 17 de junio.
A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 59 chamadas en relación cos accidentes de tráfico.
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 73. Así, a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado acudiu en oito sinistros, o helicóptero medicalizado atendeu en tres ocasións, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 54 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete accidentes. As ambulancias convencionais asistiron nunha ocasión.
En 53 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 7 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e 5 persoas resultaron falecidas.