Destacados

A vía de altas prestacións que comunica o Salnés con Cambados e Vilagarcía, en obras durante 4 meses dende este luns

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda comezará a partir deste luns, día 25 de xuño, as obras de reforzo de firme na vía de altas prestacións que comunica a autovía do Salnés en Ribadumia, con Cambados e Vilagarcía de Arousa.

As actuacións obxecto desta intervención consisten na realización de reparacións localizadas nos treitos máis deteriorados pola circulación viaria nesta estrada autonómica, cun investimento de preto de 670.000€ .

As obras comezarán coa rehabilitación do firme na VG -4.2, entre a saída 7 (AG-4.1) – Cambados (PO-300), ao seu paso polos concellos de Ribadumia e Cambados. E continuarán pola VG-4.3, que discorre polos Concellos de Cambados, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

A intervención na VG-4.2, e que se suma as actuacións de conservación ordinaria de mantemento nas xuntas do viaduto que se están a realizar nestes días, inclúen o reforzo do firme ao longo de toda a estrada, de 4,39 km. Os traballos consisten na extensión dunha nova capa de firme en toda a sección, incluíndo carrís e beiravías, dende o PQ 0+000 ao 4+389.

As tarefas programados pola Xunta nesta estrada autonómica continuarán a facerse tamén na VG-4.3, Cambados (PO-300)- Vilagarcía de Arousa (N-640). As obras que discorren polos Concellos de Cambados, Vilagarcía e Vilanova de Arousa se executará ao longo de toda a estrada, de 8,19 km.

Na execucións destes traballos inclúese tamén a reposición completa da sinalización horizontal de ambos tramos e a mellora da sinalización vertical.

Estas obras, que dispoñen dun prazo de execución de catro meses, buscaran minimizar a influencia na circulación do tráfico, e afectar no mínimo posible a mesmo.

Te podría interesar