'Qué te cuentas?' Vigo al minuto

@MareaVigo sinala que o alcalde é o responsable directo da situación actual do Auditorio

O voceiro do Grupo Municipal da Marea sinalou este martes que a situación na que se atopa o Auditorio Mar de Vigo é «consecuencia do continuísmo levado a cabo polo acalde que, sabendo que a situación ía ser insostible, tratou de tapar as vergoñas con recursos públicos tal e como está facendo agora á hora do rescate.»

Rubén Pérez subliñou que «desde o 2007, Abel Caballero tivo a opción de emendar as decisións políticas tomadas ata o momento sobre o proxecto. Todas as modificacións que se fixeron sobre o mesmo a partir dese momento soamente serviron para secuestrar a iniciativa pública diante dos intereses privados de Caixanova e as construtoras, consagrando un modelo construtivo e concesional absolutamente opaco sobre o Auditorio Mar de Vigo.»

Do mesmo xeito, o grupo municipal da Marea de Vigo engade que «o proxecto estaba condenado ao fracaso dende o primeiro momento, xa que non estaba adaptado á realidade da cidade nin mesmo aos usos da súa contorna. Usos comerciais que foron eliminados coa modificación do proxecto feito xa polo actual alcalde, precisamente os que lle daban actividade a espazos como o aparcadoiro.»

«Queremos saber por que se dixo que o único sitio onde podían ir as aulas da UNED en Vigo era o Auditorio Mar de Vigo, por que se inxecta medio millón de euros a unha empresa de organización de eventos sen sacar un concurso público, por que non se rescatou no 2011 cando a empresa concesionaria alertaba da situación ou mesmo por que se ampliou a concesión de 35 a 60 anos. Todas esas actuacións só serviron para soterrar millóns de euros de cartos públicos» concluía Rubén Pérez.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.