O Concello vén de abrir a convocatoria da Escola de Verán da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo que terán lugar entre os días 9 a 20 de xullo e que està dirixida a persoas interesadas, maiores de 16 anos, que cumpran os requisitos indicados en cada un dos cursos.
Os mesmos son: Aulas de Debuxo e Moda e Confección: “O debuxo como linguaxe na moda:o figurín I”; Aula de Cerámica Artística : “Pasta exipcia”; Aulas de Ourivaría e de Deseño e encaixe de palillos: “Mar de latón e fío”; Aula de Caim-Zamfona: “Banco de carpinteiro”; Aulas de Artesanía en coiro e CAIM Gaita : “Ferramentas para traballar o coiro de madeira”; Aula de Serigrafía artística : “Insolado e estampación con luz e tintes naturais”; Aulas de Talla e escultura en madeira e de Encadernación artística : “Estampación e edición dunha carpeta de gravados”.
As persoas interesadas poden informarse e realizar a inscrición nestes cursos entrando na páxina web: http://hoxe.vigo.org/movemonos/emao18.php.