O Goberno local aprobou este xoves a contratación dos servizos de elaboración de un estudo de viabilidade económico-financieira para o uso e explotación do Estadio Municipal de Balaídos.
O alcalde explicou en rolda de prensa que o estudo servirá para determinar a modalidade de explotación a escoller e que determine, no seu caso, o canon e o prazo de duración. “Seguimos a dar pasos para avanzar coa remodelación de Balaídos”, sinalou Abel Caballero antes de lembrar que Concello e Deputación xa investiron 12,7 millóns, dos que 6,2 foron na grada de Río e 5,6 millóns na de Tribuna.
Ademais, engadiu, hai que sumar o proxectos de Gol e Marcador, parking e asentos de Río Baixo, con outros 1,2 millóns da Deputación. O alcalde tamén mencionou que o Celta investiu en Preferencia un total de 913.000€ e a Xunta “cero euros”.