Cultura Destacados

Este mes de xullo en Vigo os libros van contigo á praia

O Concello, por medio das concellarías de Xuventude e Normalización Lingüística e coa colaboración das editoriais Elvira, Galaxia, Ir Indo e Xerais, desenrola do día 2 ao 31 de xullo, ‘Os libros ao sol’, unha campaña de fomento da lectura en galego dirixido a todos os treitos de idade: infantil, xuvenil e adulto.

‘Os libros ao sol’ é unha biblioteca que achega á praia, concretamente á da Argazada-no paseo de Samil- libros e actividades dende as 10 da mañá á 1 e media da tarde e de 4 a 8, poñendo a disposición de quen o desexe unha ampla variedade de libros de todos os xéneros e, asemade, haberá contos, cantos, música, xogos… agasallos e concursos.

También te puede interesar