Comarcas

@ponteareas_gal contrata durante un ano a 20 persoas perceptoras da Risga

O Concello de Ponteareas está a rematar o proceso de selección de 20 persoas perceptoras da Renta de Inclusión Social de Galicia (RISGA) para a súa incorporación na vindeira semana para realizar o seu traballo mellorando os espazos públicos e prestando servizos á cidadanía.

A Xunta de Galicia subvenciona a contratación por un período de sete meses e neste momento o Concello financiará, con fondos propios, a prolongación destes contratos en cinco meses máis ata completar un ano.  Con esta decisión, o goberno presidido por Xosé Represas consegue que os beneficiarios deste plan de emprego coticen máis meses e teñan máis dereitos.

“Xerar emprego é o piar básico para o benestar por iso unha vez que a economía está saneada podemos comezar a mellorar a economía das familias e a cidade en sí mesma. Os esforzos deste goberno están centrados en dar calidade de vida á cidadanía, mellorando os servizos municipais e espazos públicos mais tamén as condicións deste tipo de contratos laborais”, explica o alcalde.

A incorporación de 9 peóns de medio ambiente, 2 auxiliares administrativos, 3 peóns de vías e obras, 3 oficiais de terceira, 1 guía e 2 camareiros limpadores, a vindeira semana, permitirá reforzar a plantilla para os traballos mais necesarios nestes meses, de desbroces ou  posta a punto dos colexios.

También te puede interesar