85 parados forman parte do sétimo Plan de Emprego do Concello de Redondela que se está a desenvolver dende o pasado mes de marzo. Cun total de 11 convenios firmados con empresas, 58 das persoas que forman parte deste plan están a traballando e outras 42 remataron xa as accións formativas de diferentes sectores o que “lles facilitará en gran medida o acceso ao mercado laboral”, sinala a tenente de alcalde e concelleira de Emprego e Benestar, María del Carmen Amoedo.
Os cursos impartidos cun total de 890 horas polo de agora, corresponden á formación coma carretilleiro, manipulador de alimentos, informática avanzada, monitor de tempo libre e atención ao público.
“Os bos resultados destes plans de emprego fan que ano tras ano o concello volte a ser beneficiario de diferentes subvencións por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria posto que Redondela cumpre sempre, con amplitude, o ratio de empregabilidade esixida”, engade Amoedo.
A concelleira lembra que Redondela é agora o municipio de mais de 10,000 habitantes con menor taxa de paro da provincia de Pontevedra estando xa en niveles do ano 2006. “Cando o actual Goberno local comezara a súa xestión había na vila 2.900 parados fronte aos 1.750 que hai agora”.
María del Carmen Amoedo salienta que “queda moito traballo por facer pero os resultados avalan a nosa xestión e seguiremos a traballar para seguir mellorando a vida das veciñas e veciños de Redondela”.