Este sábado, día 7, empezan os ‘días fortes’ da XIII Festa do Tinto das Rías Baixas, en As Neves, coa apertura, ás 7 da tarde, das casetas, nas que estarán dispoñibles viños de 17 adegas da D.O Rias Baixas. Ademais no recinto haberá postos gastronómicos, area de xantar e area de xogos.
Este ano As Neves volve a contar coa presenza do impresionante ‘Performance de Pablo Méndez’, ás 9 da noite, que xa na edición anterior fixo as delicias dos asistentes, cun espectáculo cheo de luz e cor.
Antes, ás 8 e media da tarde estará aberto o ‘Tunel do Viño’, para aqueles que desexen catar mais de 30 referencias de viños da D.O Rias Baixas, no local da rúa Marquesa do Pazo nº 8 (Xunto o bar Fausto) o túnel permanecerá aberto ata ás 10 da noite e terá un coste de 10€.
Morris, pregoeiro o domingo
Mañá, domingo día 8, os amantes do sendeirismo teñen unha cita no pavillón deportivo das Neves ás 9 da mañá, desde onde sairá o autobús que os levará ata a adega Señorío de Rubiós onde dará comezo a ruta de sendeirismo “Entre viñedos”, organizada pola Ruta do Viño das Rías Baixas, en colaboración co Concello das Neves. A ruta rematará na adega Viña Nora onde o autobús os devolverá ao cento das Neves. Os interesados poden reservar praza chamando ao teléfono 986 09 10 88
Ás 11:00 está programada a apertura das casetas e do Túnel do viño e ás 12:00 lerase o pregón que esta ano estará a cargo do actor Antonio Durán ‘Morris’, -Manuel Charlín na serie Fariña-.
Ás 12:30 actuará o grupo A barca de Loimil de música e baile tradicional. Durante a festa os visitantes terán a súa disposición un area de descanso e pic nic na que poderán desfrutar das delicias gastronómicas e do viño que se ofertará nas distintas casetas do recinto feiral.
Ás 3 da tarde, unha actuación para toda a familia Lilicleta, disco retro e xa ás 7 Fran Rey coa historia de Blancaflor, un espectáculo para os mais pequenos. Para rematar, Hindie-folk galego ás 8 e media, con Caxade.