Comarcas

@depo_es probará o venres a remodelación do aparcadoiro da Alameda de Chapela, en Redondela

A Deputación de Pontevedra, aprobará este próximo venres en Xunta de Goberno o proxecto de remodelación do aparcadoiro anexo á Alameda de Chapela, obras incluídas para o concello de Redondela na Liña 1 do Plan Concellos 2018, e que contarán coa financiación da institución provincial por importe de máis de 60.327€.

Deste xeito, cómprese o compromiso coa veciñanza de Chapela que a deputada Digna Rivas lembrou a pasada semana na súa comparecencia en Redondela, e aínda que o goberno municipal tramitara  a solicitude a finais de marzo, nos últimos días de prazo.

A pesares de que a Deputación tiña seis meses para facer a tramitación administrativa desta obra, o goberno provincial sacará adiante o proxecto en menos da metade do tempo. O proxecto supón a retirada do parque infantil para poder ampliar o espazo de aparcamento na zona traseira da Alameda de Chapela. As obras tamén inclúen o asfaltado da explanada

Digna Rivas manifestou este luns a súa satisfacción “polo compromiso cumprido por parte da Deputación” e engadiu que espera “que a Xunta de Galicia tamén adquira as súas responsabilidades con Redondela en cuestións da súa competencia como o patio cuberto do CEIP de Santa Mariña; a gardería pública en Chapela, o Centro de día en Chapela, ou a ampliación e melloras do porto de Cesantes”. Asi mesmo, lembrou que este 2018, ao través do vixente Plan Concellos, o Goberno da Deputación ten a disposición de Redondela, máis de 2 millóns de euros, un 72,85% máis que en 2017, “e que nestes últimos tres anos, lévanse investidos preto de 6 millóns, a  maior inversión feita neste concello por parte da institución provincial”

También te puede interesar