O Museo Liste-Etnográfico de Vigo, estará pechado por “obras de mantemento no edificio”, dende o vindeiro luns, día 16 de xullo, ata o 18 de setembro, informan dende a Concellería de Cultura.
O museo acolle unha colección de máis de 2.000 pezas da cultura material e espiritual de Galicia e percorre, de xeito monográfico, o patrimonio galego dos oficios artesanais, moitos deles xa desaparecidos, o traballo do campo e exemplos de relixión e medicina popular.