Segundo os datos correspondentes aos seis primeiros meses do ano difundidos este mércores polo Goberno galego.
O importe destinado esta prestación e ás Axudas de Inclusión Social na cidade ascende neste período a 6.305.122€, unha cantidade, segundo os datos da Xunta, á que habería que sumar os 333.563€ que se destinan ás Axudas de Inclusión Social (AIS), cun total de 450 concedidas entre xaneiro e xuño.
Atendendo a este mesmo período, no conxunto da área territorial de Vigo a contía ascende a máis de 7,8 millóns –para 18.213 beneficiarios- no caso da Risga e a 423.339€ no caso do AIS, con 564 concesións.
Dende o Goberno de Galicia séguese con “preocupación” o feito de que, segundo denuncian, Vigo sexa o concello da área que máis tarda en enviar os expedientes da Risga á Administración autonómica, superando os catro meses e medio-e chegando nalgún caso aos 10 meses-.