O Goberno local aprobou na súa xuntanza do xoves a clasificación de ofertas para a contratación do servizo do Programa de Infancia e Familia cun importe total de 2,57 millóns, para os vindeiros 4 anos, e que ten coma obxectivo apoiar a 380 familias e 600 menores con problemáticas de situacións de risco e conflito social.
O servizo aposta por promover a autonomía familiar, desenvolvemento integral e a súa participación social activa. So en 2017 o Concello traballou con 380 familias diferentes, o que supuxo intervir con 1.278 persoas, das que 585 eran menores.