Comarcas

Augas de Galicia da a razón ao Concello de Redondela e valida as obras feitas para rematar o Paseo do Maceiras

Imagen: C.R./Segundo informa o Goberno local de Redondela, realizadas as correspondentes inspeccións, logo da reclamación do Grupo Agrupación de Electores de Redondela (AER), polas obras executadas para rematar o Paseo do Maceiras ata Ponte da Lama, Augas de Galicia vén de dar por bos os traballos que, segundo os seus informes, afectan negativamente ao río.

Os mesmos sinalan que as variacións nos muros veñen motivadas en que desde que se redactou o proxecto ata que se executou a marxe do río sufriu algún derrubamento que recomendaba aumentar de 187,5 a 210 os metros cadrados de muro. A pedra empregada coincide coa do proxecto e coa que fora usada nos outros tres tramos que se fixeron de paseo.

Segundo salienta a tenente de alcalde María del Carmen Amoedo, “AER non soporta que todos os veciños e veciñas poidan gozar deste paseo grazas ao traballo deste goberno. Xa cando se fixo o acceso á Fervenza pretenderon reprobar á concelleira e agora solicitan a dimisión dun concelleiro de Medio Ambiente que está a recuperar espazos para o uso e gozo dos cidadáns e que ata agora estaban abandonados e degradados”.

You may also like