Ciencia y Tecnología Galicia

@Meteogalicia alerta dunha vaga de calor que levará os termómetros a máis de 40 graos dende o xoves

MeteoGalicia vén de avisar no seu perfil de Twitter, da entrada o xoves, día 2, en Galicia dunha masa de aire do norte de África que traerá temperaturas “mínimas e máximas con valores moi elevados entre o xoves e o domingo”, polo que “a partir desde día compre estar moi pendientes dos avisos e consellos que se vaian dando a traves do @112Galicia”.

Segundo a súa previsión, dende o xoves as temperaturas terán un “notable ascenso”, o que fará que poidamos superar os 35ºC en moitos puntos de Galicia, con “intensa sensación térmica de calor”.

Por cidades, o termómetro chegará ata os 40 graos en Ourense, 35 en Pontevedra e Vigo-onde teremos unha mínima de 21-, 34 en Lugo e Santiago, e 32 en A Coruña e Ferrol.

https://twitter.com/MeteoGalicia/status/1024210152923254784

O venres, día 3, as temperaturas seguirán subindo polo cal teremos “valores que serán moi elevados en toda Galicia”, tanto as mínimas da madrugada, que en moitos lugares non descenderán por debaixo dos 20ºC, coma as máximas.

En Ourense chegarán aos 42 graos, 37 teremos en Lugo e Vigo-onde non baixaremos xa dos 23-en Pontevedra e Ferrol estarán a 36, en Compostela a 35 e en A Coruña a 32 graos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.