Cultura Galicia

@depo_es por en marcha a sétima quenda de ‘Depo Aventura a Lanzada’, con 200 participantes

A sétima quenda do campamento de verán “Depo Aventura A Lanzada” inaugurarase este domingo, 5 de agosto, con 200 nenas e nenos participantes, con idades de entre 8 e 13 anos.

A finalidade deste programa da Deputación de Pontevedra é a de achegar á mocidade actividades que contribúan ao seu enriquecemento persoal, á adquisición de habilidades sociais e ao coñecemento de espazos de interese fóra da súa contorna habitual. Polo tanto, as actividades ofertadas serán de carácter lúdico-educativo, cultural, deportivo ou formativo.

A principal novidade do Depo Aventura desta edición vén dada pola reposta e o compromiso adquirido tras a vaga de lumes que asolou a provincia o ano pasado de introducir actividades de formación e educación ambiental. Por iso, en cada unha das quendas haberá unha actividade centrada na concienciación sobre a posta en valor dos montes e na prevención dos lumes.

En total, as prazas ofertadas pola institución provincial para este campamento de verán ascenderon a 2.200, sendo 300 delas gratuítas para aquelas familias que se atopen en situación ou risco de exclusión social, algo que o Goberno de Carmela Silva leva facendo dende a súa chegada.

Esta sétima quenda rematará o 11 de agosto, e as seguintes serán do 12 ao 18 de agosto, do 19 ao 25 de agosto, do 26 de agosto ao 1 de setembro e do 2 ao 8 de setembro. 

También te puede interesar