“Quero pedir á cidade consumo responsable de auga, temos que estar preparados por se temos un outono seco, xa que sabemos que a Xunta non vai a axudar a Vigo”. Este foi o chamamento que fixo este martes o alcalde ante a posibilidade de que poida pasar o mesmo do ano pasado.
Na actualidade,o embalse de Eiras, o principal abastecemento de auga á cidade, atópase a un 93%de ocupación cando en agosto de 2017 estaba ao 85%. Pola súa banda, en Zamáns a cifra sitúase no 85%, sendo hai un ano do 77%. “É moi boa noticia, pero temos que estar preparados, porque temos que curarnos en saúde”, sinalou Caballero.
A media dos últimos dez anos a principios do mes de agosto está no 88,5% de ocupación en Eiras, polo que a presa presentan a día de hoxe uns cinco puntos máis alto.