Seguindo o Plan de Mantemento e Mellora de Estradas e Espazos Municipais o Concello de Arbo vén de rematar as obras na Estrada de A Granxa.
O traballos abrangueron a mellora na recollida de augas pluviais, colocación de tubaxes e peche de beiravías, obras que tamén rematáronse no lugar de Eidos de Abaixo, na parroquia de Sela.
Durante o pasado mes de xullo, no barrio de Barcia colcouse unha varanda na Capela de San Roque para maior seguridade, rematouse o recheo de fochancas en todas as estradas e , procedeuse a limpeza do Parque Empresarial. Así mesmo, están colocados xa os novos colectores, puntos de alumeado e xa funciona a recollida de lixo en zonas nas que non había.