Co gallo da conmemoración do 150 aniversario da “chegada” do Nautilus á Enseada de San Simón, as Bibliotecas de Redondela e a Radio Municipal organizan unha lectura radiofónica da obra de Jules Verne ‘Vinte mil leguas baixo dos mares” á que convidan a participar a toda a cidadanía.
As persoas interesadas deberán achegarse as instalacións da emisora para proceder a gravación dun fragmento da obra. Unha lectura pública a través das ondas que busca homenaxear unha das obras fundamentais da literatura de aventuras.
O único que hai que facer é achegarse á emisora (Casa da Cultura-Praza Figueroa s/n) a partir deste martes, 4 de setembro. Aconséllase chamar previamente ao teléfono 986 408139 (Radio Redondela) para determinar o horario máis axeitado.