Comarcas Sucesos

@depo_es contrata directamente a dúas persoas arquitectas para traballar en Paramos

O goberno da Deputación de Pontevedra vén de rematar o proceso para a contratación de dúas persoas arquitectas para o concello de Tui que se incorporarán aos traballos en prol das persoas afectadas pola traxedia de Paramos. Como xa adiantara a súa presidenta, as dúas persoas arquitectas seleccionadas comezarán xa a traballar no concello tudense a partir do vindeiro luns.

Tal e como se comprometeu Carmela Silva co concello e coas persoas afectadas, o goberno da Deputación iniciou a contratación directa a través do servizo público de emprego, ao que se presentaron once profesionais, e que resultou coa selección dunha arquitecta e dun arquitecto, ambos os dous con acreditada experiencia en plans urbanísticos”, indican dende a Deputación. Nos dous casos, as persoas contratadas reflicten nos seus currículo traballos de planeamento urbanístico e plans de desenvolvemento, así como proxectos de urbanización, execución e dirección de obra, asistencias técnicas, elaboración de instrumentos de ordenación territorial.

“Esta contratación é un paso máis dos moitos realizados polo goberno de Carmela Silva dende a explosión da pirotecnia en Paramos, Tui. Desde o primeiro momento a Deputación de Pontevedra puxo a disposición do concello a cinco asistentes sociais, dous xuristas, un arquitecto e un economista para asesorar e axudar ás persoas afectadas e ao propio Concello”.

A este feito, engaden dende a Deputación, súmase que tanto deputadas e deputadas como persoal directivo da institución provincial estiveron a disposición do goberno municipal, asistindo a reunións e propondo xestións ao Concello. Na actualidade, dous días á semana acoden ata Tui un asistente social e un aparellador, atendendo  á demanda e necesidade formulada polo propio Concello de Tui.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.